Kendrah é unha banda actual e nova, ten moita enerxía e un directo insólito.
Kendrah nace cunha idea innovadora e sinxela: fusionar a tradición galega e a afro-bahiana; e ademáis levar isto ao escenario.
Seguindo a traxectoria de grandes artistas como Olodum, Muzenza e ile Aye; e empregando cantos de taberna, poemas en galego e de recoñecidos poetas e poetisas galleg@s como Uxío Novoneira ou Xelia Arias, entre outros, temos unha receita complexa e máxica.
Kendrah ten uns temas frescos, alegres e moi potentes; todo isto é posible grazas ao noso compositor Adrián Saavedra que soubo conxugar todos estes ingredientes facendo unha proposta totalmente inédita e singular.
Como non podía ser doutra maneira, a banda ten uns músicos de infarto: á guitarra o brasileiro Richi, no baixo Adri, nos surdos Bea, no timbau Pablo, na caixa Fran, no repenique Jorge e á voz, a potente e talentosa Andrea.
Kendrah é unha banda actual e nova, ten moita enerxía e un directo insólito, cada membro da banda achega o seu duende conseguindo unha sonoridade con moito groove, quixemos recalcar esta calidade incluíndo un awen no noso logo.
© Copyright 2021 Todos os dereitos reservados