Bea beatsurdo

Bea González

Beatsurdo

Graduada en Xornalismo pola Universidade de Salamanca, con estudos superiores na Realización de Audiovisuais e Espectáculos na ESCAV (Granada) e de Cultura na USC (Santiago de Compostela).

Vinculada dende sempre á comunicación, a cooperación, a cultura e a música, traballou e colaborou en proxectos de xestión cultural, produción de espectáculos e documentais, comunicación para o desenvolvemento e diferentes proxectos musicais.

No 2013 comeza a súa formación como percusionista na Escuela de Sambiosis Batucada, en Granada. Dende entón leva formándose en percusión afrobrasileira da man de numerosos mestres e profesores como Javier Iglesias, José Carlos Olmo, Andrés Rivero, Narci Rodríguez, Crá Rosa, Jair Rezende, Escobar Pereira, Antonio Monedero, Dendé Macedo, Huberto Morales ou Albert Llobell, entre outros. Dende 2016 forma parte do Bloco Afro de Trópico de Grelos e foi mestra e directora do Bloco da Escola Prucupá. 

Centrouse tamén na percusión e danza africana de estilo Malinké e formou parte de proxectos como Konafro, Son d'África ou Dundun Mandinga.

Grazas a todos eles actuou en eventos e festivais como o Merza Percusión, Reina Loba, Batebatuke, Ascensión e Galinké Folí, entre outros, e lugares como o Teatro Principal ou o Auditorio Abanca de Santiago de Compostela. Tamén ten colaborado con grupos musicais como Brinkadelia Troupe, Radio Zapa! ou A Compañía do Ruido.

Na actualidade traballa coa productora audiovisual Odaiko Krea e tamén é membro de Latexo Percusión, proxecto no que segue a desenvolverse como música nestes e outros estilos de percusión e colaborando con outros colectivos artísticos.

Como membro de Kendrah, forma parte da sección de percusión como beatsurdo, aportando firmeza e movemento no escenario.

Rexístrate para recibir
as novas de Kendrah

Descargas dispoñibles

Podes comprar a nosa música en iTunes ou Spotify.

Contáctanos