Jorge Pérez
Repique
JORGE CÉSAR PÉREZ:
Natural de Elda (Alacant), Xurxo iniciouse nos seus estudos na banda de música de Elda Santa Cecilia onde de moi novo conseguiron 5 primeiros premios en certames nacionais e internacionais, así como a Medalla d’Ouro da súa cidade natal pola súa contribución artística. Graduouse en percusión con Joan Iborra no Conservatorio Superior de Alacant.
Aquí comeza unha ampla etapa formativa realizando Máster de Percusión Clásica en Amsterdam con Josep Vicent e Nick Woud, así como Máster en Percusión Africana en Dakar con Ali N’Diaye Rose.
Paralelamente tamén desenvolveu a súa faceta pedagóxica diplomándose en maxisterio musical e realizando a “especialidade metodolóxica Jos Wuytak” dirixida aos máis pequenos.
No 2004 crea Omar Percussion Group, onde é produtor e intérprete, realizando varios espectáculos interdisciplinares en España e Taiwan (Taipei International Percussion Convention), producindo 4 espectáculos: “OPG Tour Ao vivo”, “Percussion Cercle”, “Unha viaxe a través das culturas”, “VIDA” e “Ecos do Mundo Tribal”. Ademais foron dobremente premiados polo Ministerio de Cultura de España como mellor grupo “world music” en 2006 e 2007.
Foi relator en máis de 50 cursos relacionados coa percusión e a pedagoxía, gravou 7 discos e 15 programas de televisión e publicou 11 libros relacionados coa percusión.
Iniciouse na música sinfónica coas Orquestras Xoves de Valencia (JORVAL) e Nacional de España (JONDE), posteriormente interpretou máis de 80 programas sinfónicos con diferentes formacións profesionais nacionais.
En 2012 crea Olodum do Coio e un obradoiro permanente onde imparte clases de música afro-bahiana (batucada), cuxa sede está en Cambados e realizan exhibicións nas súas festas máis populares.
Dentro do programa Erasmus+, participou en máis de 40 mobilidades, destacándose como “trainer” en 7 mobilidades de percusión (Inglaterra, Chipre, Grecia, Italia, Portugal, España e Letonia). Tamén tomou parte de programas anteriores como Comenius Reggio, Grundtvig e Leonardo da Vinci.
Cabe destacar a súa colaboración nun espectáculo multidisciplinar en Arabia Saudí coa compañía Pablo Méndez Performances.
Leva 15 anos como profesor de percusión do Ministerio de Eduación de España. O pasado setembro 2017 gañou a Cátedra de Percusión, Historia e Pedagoxía da Percusión no Conservatorio Superior de Vigo (Galicia).
Como membro de Kendrah, é fundador e forma parte da sección de percusión marcando crávelas afro bahianas no repenique.